ADICIÓN DIXITAL INFANTIL




Algunha vez preguntácheste se o teu fillo/a pasa demasiado tempo en INTERNET ou usando algún dispositivo como o móbil ou a "tablet"? Queres saber cal é o segredo para manter aos teus fillos/as seguros no mundo dixital?
Un dos efectos "colaterais" da COVID e do tempo de confinamento que tivemos que permanecer sen contacto social foi o incremento e exposición de toda a poboación ás tecnoloxías. Hoxe en día, obsérvase como moitos nenos/as xeraron unha relación de dependencia cos medios tecnolóxicos. Engadimos aquí algúns dos síntomas  así como algúns consellos

SÍNTOMA DE ADICIÓN DIXITAL
Antes de falar de solucións é importante identificar os síntomas da adición dixital nas nenas e nenos. Algúns signos comúns inclúen:
  • Pasar demasiado tempo en línea ou usando dispositivos electrónicos.
  • Descoidar as tarefas escolares, familiares ou sociais. Por exemplo: preferir quedar na casa xogando en lugar de ir ao parque.
  • Cambios no estado de ánimo como irritabilidade e ansiedade.
  • Dificultades para conciliar o sono
No tocante aos CONSELLOS, destacamos:
1. Establecer límites. Que sexan claros sobre o tempo de uso dos dispositivos. Pode resultar útil establecer horarios específicos para o uso, Evitar o uso xusto antes de durmir. Prohibir o móbil nos momentos da comida, etc ...
2. Fomentar actividades alternativas. En especial todas aquelas que se podan facer ao aire libre e en contacto coa natureza, tamén o deporte, xogos de mesa, lecturas, manualidades, etc....
3. Monitorear o uso de internet.É importante estar ao tanto do que os teus fillos fan en liña. Para iso é importante revisar o historial de navegación, utilizar aplicacións de control parental (para limitar o acceso a certos contidos pouco axeitados para a súa idade) e falar moito con eles sobre os riscos de compartir información persoal na rede.
4. Educar sobre os riscos. Aínda que non é neceario xerar medo, é importante falarlles dos riscos asociados co uso excesivo da tecnoloxía, comentando con eles o impacto que ten na súa saúde física e mental.
5. Traballar en equipo. Lembrar que para combatir a adición dixital é importante involucrar a toda a familia (irmáns, tíos, avós ...). xuntos podedes traballar en equipo para crear un contorno saudable e equilibrado no uso  das tecnoloxías de maneira responsable e segura.
6. Ensinamos co exemplo. É importante que nós como adultos tamén limitemos o tempo que lle dedicamos ás tecnoloxías, invirte ese tempo en tempo de calidade para a túa filla ou fillo.

Lembra que o primeiro paso para solucionar a adición dixital infantil é recoñecer o problema e actuar de maneira consciente e responsable.

Fontes:

https://enfamilia.aeped.es/vida-sana/adiccion-nuevas-tecnologias-en-ninos

http://www.infocoponline.es/pdf/2015NT.pdf

https://www.guiainfantil.com/articulos/educacion/nuevas-tecnologias/consejos-para-padres-de-ninos-adictos-a-la-tablet/


Comentarios