Imaxe: Leandro Lamas |
Aquí unha serie de consellos a ter en conta estes días cos vosos fillos e fillas:
1. MANTEDE A CALMA E INTENTADE XESTIONAR ESTA SITUACIÓN ATÍPICA CON CREATIVIDADE E UNHA ACTITUDE RELAXADA.
.
2. AS VIVENCIAS, FEITOS E EXPERIENCIAS QUE ESTAMOS VIVINDO QUEDARÁN GRAVADAS NA MENTE DOS TEUS FILLOS/AS, AO IGUAL QUE NAS NOSAS. A SÚA MENTE FUNCIONA COMO UNHA ESPONXA, POR ISO, PEDIMOS REFLEXIÓN E CAUTELA COS COMENTARIOS E CONVERSACIÓNS QUE TEÑADES NA CASA DURANTE ESTES DÍAS. PROTEXEDE AOS VOSOS FILLOS/AS DE TODA INFORMACIÓN QUE PODA OCASIONARLLES MALESTAR OU EXCESIVA PREOCUPACIÓN PORQUE PODEN NON INTERPRETAR BEN A INFORMACIÓN QUE LLES CHEGA . TEN EN CONTA QUE MOITA DA INFORMACIÓN DAS REDES SOCIAIS É, CON FRECUENCIA, SUPERFICIAL, INCOMPLETA OU ERRÓNEA.
3. NON ALARMARSE NIN ESTIMULAR O MEDO. SER REALISTAS, A INMENSA MAIORÍA DAS PERSOAS ESTANSE CURANDO.
4. NO CASO DOS NENOS/AS MÁIS MAIORES, EVITADE QUE NAVEGUEN SOS POR INTERNET BUSCANDO INFORMACIÓN NON AXEITADA SOBRE O COVID 19.
5. DADE SEGURIDADE SOBRE O ESTADO DE SAÚDE DOS ADULTOS DO SEU CONTORNO, COMO POR EXEMPLO OS AVÓS, INFORMARLLES QUE SABEN PROTEXERSE E COIDARSE.
6. MANTEDE O CONTACTO CON OUTROS FAMILIARES E AMIGOS COS QUE XA ESTABADES EN CONTACTO ANTES DO VIRUS, PROMOVEDE O CONTACTO A TRAVÉS DE CHAMADAS OU MENSAXES, É DICIR, DE MANEIRA VIRTUAL
7. PROCURADE UN HÁBITO DE HORARIOS, TAREFAS E RESPONSABILIDADES DENTRO DO FOGAR EN BASE Á IDADE DOS VOSOS FILLOS/AS, DEDICANDO TEMPO DIARIO Á LECTURA, TAREFAS OU ESTIMULACIÓN INTELECTUAL.
8. DIFERENCIADE ENTRE OS HORARIOS E RUTINAS DUN DÍA DE SEMANA E UN DÍA DE FIN DE SEMANA.
9.SE ALGO NOS "AGASALLA" ESTA SITUACIÓN É: TEMPO. TEMPO PARA ESTAR EN FAMILIA E GOZAR COA COMPAÑÍA DAS PERSOAS COAS QUE VIVIMOS. APROVEITA ESTA SITUACIÓN PARA PASAR MÁIS TEMPO DE LECER EN FAMILIA, ALGO TAN NECESARIO E ESCASO HABITUALMENTE.
Adaptación persoal da fonte : https://www.copmadrid.org/web/comunicacion/noticias/1457/comunicado-recomendaciones-psicologicas-explicar-ninos-ninas-brote-coronaviruscovid-19
.
Comentarios
Publicar un comentario