DESDE O COLEXIO OFICAL DE PSICOLOXÍA DE GALICIA CHÉGANNOS ESTAS RECOMENDACIÓNS:
PARA O ALUMNADO:
- Sabemos que estrañas o teu grupo de compañeiros, compañeiras e amizades, as súas apertas e os seus bicos. Pensa que ESTA SITUACIÓN É TRANSITORIA, VAI PASAR.
- Son tempos de estar nas redes sociais para estar conectados pero lembra facer un USO RESPONSABLE. COIDADO CO QUE COLGUES NAS REDES.
- Colabora nas TAREFAS DO FOGAR segundo a túa idade.
- O voso profesorado está tamén conectado, CUMPRE COA TÚA PARTE ACADÉMICA.
- É o voso momento, sacada a vosa CREATIVIDADE E INICIATIVAS.
PARA AS FAMILIAS
- Mantede a calma nas súas conversas e nos seus actos. A ACTITUDE DA FAMILIA é a que van adoptar os vosos fillos e fillas.
- Trasmitídelle que a RESPONSABILIDADE é de todos, empezando pola casa.
- Xestiona o tempo da dedicación dos teus fillos ou fillas ás REDES SOCIAIS
- PENSADE EN POSITIVO, tedes que sacar dos vosos fillos e fillas o que mellor que teñen.
- Axudádelles a falar e expresar as súas EMOCIÓNS, DÚBIDAS, MEDOS, INQUEDANZAS,
- FÓRA OS BULOS. Informádevos nas fontes fiables, páxinas webs oficias.
Fonte: Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
Comentarios
Publicar un comentario