Desde o día 26 de abril, a poboación infantil ata 14 anos pode saír á rúa durante unha hora. Sen embargo, estamos atopando moitos nenos e nenas con medo a saír.
Se o teu fillo/a está nesta situación, aquí uns pequenos consellos que quizáis che poden axudar:
1. NON FORZALOS, saír non é obrigatorio é unha posibilidade que se nos ofrece. Saír ten que ser unha oportunidade para disfrutar dun paseo pero se non se sinten cómodos nesta nova situación, non pasa nada por seguir quedando un pouco máis na casa. Os nenos/as adáptanse mellor que os adultos ás situacións, quizáis levou ben o confinamento ata agora e non teña a necesidade de saír.
2. FALAR CON ELES/AS. Pode ser que o temor a saír estea transmitido pola propia ansiedade dos pais ou pode que sexa causa da exposición a un exceso de información.
3. EXPLICARLLES A NOVA SITUACIÓN. Polo de agora as saídas non van ser coma sempre pois non podemos ir a parques e os nosos movementos están restrinxidos, pero aínda así debemos facer fincapé, nunha linguaxe adaptada á súa idade, que as saídas poden ser divertidas.
4. PRACTICAR NORMAS DE HIXIENE E DISTANCIA SOCIAL. Explicarlles as normas que todos e todas debemos seguir tanto antes de saír, no paseo como ao voltar a casa. Recoméndase no caso dos nenos e nenas máis pequenos/as practicar a distancia social na casa e marcar e ensinarlles cun metro sobre o chan o que son 1,5 ou 2 metros para que entendan o concepto.
5. TRANSMITIRLLES SEGURIDADE, escoitar as súas opinións, resolver as súas dúbidas. Facerlles ver que tomando as precaucións axeitadas todo vai ir ben e o paseo será algo reconfortante para eles/as.
Comentarios
Publicar un comentario