TAREFAS EXTRAESCOLARES

 





Se o teu fill@ invirte moito tempo en facer as tarefas extraescolares aquí tes algúns consellos que poden axudar para que non se eternicen neste traballo:

1. MARCAR UN HORARIO PARA FACER A TAREFA: algo que adoita funcionar moi ben é establecer un horario co neno/a. É mellor poñer tempos curtos e ir supervisando o traballo para que non se entreteñan con outras cousas, busquen excusas ou se descentren.  Polo tanto, se este é un problema que pasa na túa casa, a solución tal vez sexa poñer límites ao tempo que o teu fillo/a ten para facer ese traballo. E que pasa se non remata nese tempo? (Sempre partindo de que lle damos un tempo suficiente, claro). Pois se non os termina, ao día seguinte os levaría a medias, rápido aprenderá a organizarse e a non distraerse para rematalos.


2. FOMENTAR O HÁBITO DE ESTUDO: para que unha rutina se convirta en hábito é necesario que a repitamos moitas veces. Igual que temos outros hábitos establecidos na casa como lavarse as mans antes de comer, cepillar os dentes despois de comer, etc ... temos que crear o hábito de estudo. Para iso resulta axeitado realizar as tarefas sempre no mesmo sitio (preferiblemente un escritorio) e máis ou menos ao mesmo horario .... observar o momento que sería máis axeitado para o teu fillo/a ... hai nenos/as que prefiren facelos despois de comer, outros que prefiren descansar primeiro un pouco ...


3. NON COMPARES: evita comparar ao neno/a cos seus irmáns ou irmás ou con calquera compañeiro/a de clase... As comparacións distancian e fomentan rivalidade.


4. FACER O TRABALLO POR EL/ELA: ás veces podemos cometer o erro de rematar nós o traballo pero temos que lembrar que é unha responbilidade súa. Se queremos que os nosos fillos/as sexan autónomos, responsables, temos que deixar que realicen eles/elas as súas tarefas. 


Información adaptada de www.educarestodo.com


Comentarios